Un crowdfunding inverso

 Anotade esta data e este sitio: sábado 14 de abril no Dado Dadá en Santiago de Compostela. Ese día presentaremos por fin o traballo e o proxecto que levamos preparando máis de un ano. Vai ser este un Crowdfunding de confianza que durará ata o mesmo día da presentación. Non vos imos pedir que nos adiantedes os cartos nin os datos da vosa tarxeta, só queremos o voso compromiso de cofinanciamento co formato da vella escola. Cóntovos:

 Cos nosos aforros e traballo fomos gravando, mesturando e producindo o disco durante o último ano. Agora imos facer un esforzo para fabricar as copias do cd e para ofrecervos unha presentación bonita. Para iso precisamos a vosa axuda ou, cando menos, o voso alento.


Na medida do recaudado e sin pornos ningunha cifra inicial, financiaremos os salarios dos músicos, técnicos, a produción audiovisual e a montaxe do vídeo, a promoción do evento, a organización da xira de verán e, se queda excedente, as copias do novo disco.

Isto non quere dicir que non vaiamos facendo público o que vaiamos recadando para que quede constancia do que se fai cos vosos cartos :)

 Fórmulas de colaboración e cofinanciamento: 

Recompensa 1-A QUE MÁIS NOS GUSTA!! Asistir á presentación do disco o sábado 14 de abril no Dado Dadá. 
-Entrada: 5€ / Entrada + cd Proletarios do Rock & Roll : 10€
-Estudantes, parad@s, xubilad@s:  Entrada 3€ / Entrada + cd Proletarios do Rock & Roll 6€
Podes facer xa a túa reserva enviando un email cos teus datos a robertosobrado.info@gmail.com ou no tfno/whatsapp 651479866. Especifica Recompensa 1


Recompensa 2-Comprometerte a mercar o cd Proletarios do Rock & Roll. 8€ + envío se procede: Envía o teu nome e contacto a robertosobrado.info@gmail.com ou no tfno/whatsapp 651479866. Especifica Recompensa 2



Recompensa 3-Comprometerte a mercar a camiseta Eu tamén son Proletari@ do Rock & Roll. 10€ + envío se procede: Envía o teu nome, contacto e talla a robertosobrado.info@gmail.com ou no tfno/whatsapp 651479866. Especifica Recompensa 3



Recompensa 4-Comprometerte a mercar o cd Proletarios do Rock & Roll + a camiseta Eu tamén son Proletari@ do Rock & Roll. 15€ + envío se procede: Envía o teu nome, contacto e talla a robertosobrado.info@gmail.com ou no tfno/whatsapp 651479866. Especifica Recompensa 4


Recompensa 5-Comprometerte a mercar o cd Proletarios do Rock & Roll + a camiseta Eu tamén son Proletari@ do Rock & Roll + o anterior cd da banda, Atlas de anatomía. 20€ + envío se procede: Envía o teu nome, contacto e talla a robertosobrado.info@gmail.com ou no tfno/whatsapp 651479866. Especifica Recompensa 5

 

Recompensa 6-Comprometerte a facer unha pequena aportación vía transferencia ou paypal a cambio de poder descargar o cd Proletarios do Rock & Roll + toda a discografía anterior de Roberto Sobrado grupo. 5€: Envía o teu nome e contacto a robertosobrado.info@gmail.com ou no tfno/whatsapp 651479866. Especifica Recompensa 6

Nota: sexa cal sexa a fórmula que escollas, porémonos en contacto contigo para indicarche o procedemento a seguir. Estamos en contacto!

Comentarios

  1. E unha recompensa de concerto + CD de Proletarios do Rock & rollo + camiseta non hai? ��

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Quixen dicir Rock & roll, of course... Raio de corrector...

      Eliminar
    2. Por suposto! Pódense combinar as recompensas ao gusto do "crowdfundador/a" ;) Adxudicada!

      Eliminar

Publicar un comentario

Entradas populares