A gravación, que odisea...

Esta é a historia resumida do disco Proletarios do Rock & Roll

1-Comezos de 2017: preprodución caseira dos temas para uso interno.

2-Febreiro de 2017: Acordo con Rafa Campoy (exguitarrista da banda e técnico de son) para gravación, produción e mestura do disco.


3-Abril de 2017: EUxenio grava as baterías na Sala Moon. Grazas a Ricardo por nos prestar o local!




4-Maio-xuño 2017. Nuno grava os baixos caseiramente co baixo que nos presta, amablemente, Jerry Sleeping Cat:


5-Xullo 2017. Roberto grava acústicas e ukeleles na Sala Moon:



6-Xullo-Agosto 2017. Roberto grava guitarras eléctricas, coros e detalles "sosinho" no local de ensaio en Viceso:



7-Agosto-Setembro 2017. Germán grava saxos na Sala Moon con Rafa de técnico e retoca algúns en Viceso con Roberto de técnico. Grazas a Chuko polo micro ;)

 

8-Euxenio retoca caseiramente un par de baterías e un par de baixos (grazas a Jerry outra vez por baixo e DI)
9-Roberto grava voces e coros en Bungalow estudios con Chuko de técnico
10-Germán retoca saxos en Bungalow estudios con Chuko de técnico
11-Nuno e Euxenio gravan coros caseiramente con Roberto de técnico
12- Outubro de 2017. Rafa comeza a mestura


13-Decembro 2017. Cancelamos a data que tiñamos reservada no Salón Teatro porque vemos que non chegamos a tempo. Grazas de todos xeitos por nos ter aberto as portas.


14-Febreiro 2018. Buscamos alternativas e decidimos Dado Dadá para a presentación. Grazas por abrirnos as portas!

15-Alexandre Fernández vai avanzando nos deseños...






















16-Febreiro 2017.Pechamos Deseño e tipo de disco para as copias
17-12 de marzo: Lanzamos promo, evento, campaña e este crowdfunding inverso. Suma e sigue!

Comentarios

Entradas populares